Xfce

Subdomains

 

Sobre

O Xfce é un contorno de escritorio lixeiro para sistemas operativos como UNIX. Pretende ser rápido e lixeiro no uso dos recursos do sistema, aínda asi tamén procura ser atractivo visualmente así como doado de usar.

O Xfce abraza a filosofía tradicional de UNIX da utilización de módulos e reutilización. Consiste nunha serie de compoñentes que fornecen a funcionalidade completa que se pode agardar dun contorno de escritorio moderno. Ditos compoñentes están empaquetados por separado e pode escoller entre os paquetes dispoñíbeis para crear o contorno persoal ideal.

Outra prioridade do Xfce é a adherencia a padróns, especialmente os definidas en freedesktop.org.

O Xfce pode instalarse en varias plataformas UNIX. Sábese que compila en Linux, NetBSD, FreeBSD, OpenBSD, Solaris, Cygwin e MacOS X, en x86, PPC, Sparc, Alpha…

Características

O Xfce contén unha serie de compoñentes básicos para as tarefas mínimas que espera dun contorno de escritorio:

Xestor de xanelas

  • Xestiona a colocación de xanelas na pantalla, fornece decoracións de xanelas e xestiona espazos de traballo ou escritorios virtuais.

Xestor do escritorio

  • Define a imaxe de fondo e fornece un menú da xanela raíz, iconas de escritorio ou iconas minimizadas e unha lista de xanelas.

Panel

  • Alterna entre xanelas abertas, inicia aplicacións, alterna entre espazos de traballo e engadidos de menú para navegar por aplicacións ou cartafoles.

Xestor de sesións

  • Controla o inicio de sesión e a xestión de enerxía do escritorio e permite almacenar varias sesións de inicio de sesión.

Buscador de aplicacións

  • Amosa as aplicacións instaladas no seu sistema en categorías, para que poida atopalos e inicialos rapidamente.

Xestor de ficheiros

  • Fornece as funcións básicas de xestión de ficheiros e utilidades únicas como o renomeado de múltiples ficheiros á vez.

Xestor de configuración

  • Ferramentas para controlar as diferentes configuracións do escritorio como atallos de teclado, aparencia, configuración de visualización, etc.

Ademais do conxunto básico de módulos, o Xfce tamén fornece numerosas aplicacións e engadidos adicionais para que poida estender o escritorio de maneira que lle guste, por exemplo un emulador de terminal, editor de texto, mesturador de son, buscador de aplicacións, visor de imaxes, calendario baseado en iCal e unha aplicación de gravación de cedés e deuvedés. Pode ler máis sobre os módulos do Xfce na páxina de proxectos