Noticias
Subscribirse á fonte de RSSXfce 4.8 publicada
2011
Hoxe, despois de case dous anos de traballo, temos o pracer especial de anunciar a tan esperada versión do Xfce 4.8, a nova versión estábel que substitúe o Xfce 4.6.
Agardamos que todo o mundo goce desta versión tanto como nós facéndoa. Desafortunadamente, este non será o caso para os que empreguen algún dos sistemas BSD, quen notarán unha súbita perda de características. Pensamos que este anuncio é unha boa oportunidade para expresar o noso desacordo co desenvolvemento recente de “só Linux” no ecosistema de código aberto, especialmente no que se refire ás utilidades que necesitamos nos contornos de escritorio.
O Xfce 4.8 é o noso intento de actualizar a base de código do Xfce a todos as novas infraestruturas de escritorio que se introduciron nos últimos anos. Agardamos que os nosos esforzos para retirar partes como ThunarVFS e HAL con GIO, udev, ConsoleKit e PolicyKit axuden a levar o escritorio do Xfce a distribucións modernas.
Co Xfce 4.8 os nosos usuarios poderán buscar partes remotas mediante unha variedade de protocolos (SFTP, SMB, FTP e moitos máis). A desorde da xanela foi reducida fusionando todos os diálogos de progreso de ficheiros nun só.
Reescribiuse a nosa aplicación do panel, mellorando así a posición, a transparencia, a xestión dos elementos e iniciadores. Tamén se introduciu un novo engadido de menú para ver os directorios. A infraestrutura deste engadido permanece compatíbel cos engadidos da versión 4.6.
Tamén melloramos os nosos diálogos de opcións. O diálogo de configuración de visualización agora admite RandR 1.2, detecta as pantallas automaticamente e permite aos nosos usuarios escoller a súa resolución favorita, frecuencia de actualización e rotación. As pantallas poden configurarse para que funcionen en modo copia ou unha a carón da outra. A selección do teclado tornouse máis sinxela e doada de usar. Ademais, o editor de axustes manuais foi actualizado para ser máis funcional.
Alén das características engadidas no Xfce, o ciclo de desenvolvemento 4.8 trouxo moitos outros produtos. Por primeira vez tivemos unha estratexia de lanzamento seria formada despois do “modelo de publicación e desenvolvemento do Xfcel” desenvolvido no Summit de Ubuntu Desktop en maio de 2009. Unha nova aplicación web facilitou moito a xestión de lanzamentos. Traballamos duro para mellorar a situación dos tradutores Xfce que nos levaron a configurar o noso propio servidor Transifex. Algo máis que esperamos que teña en conta é que o noso servidor e infraestrutura de réplicas, os cales foron mellorados para que os nosos servidores non se caian repentinamente pouco despois deste anuncio de versión.
Hai moito máis para descubrir e agardamos que moitos de vostedes dean ao Xfce 4.8 unha oportunidade. Hai un breve visita na rede
Está dispoñíbel na seguinte URL un resumo das modificacións desde a versión preliminar 4.8pre3 (tamén inclúe ligazóns aos cambios introducidos en todas as versións preliminares):
https://xfce.org/download/changelogs/4.8
A versión pode descargarse tanto a través das versións individuais como cun gran ficheiro comprimido incluíndo todas estas versións individuais:
http://archive.xfce.org/xfce/4.8/
O 2011 acaba de comezar e xa estamos planeando para o futuro. A programación da versión 4.10 será definido en breve e, con sorte, poderiamos converter o Xfce nunha organización sen ánimo de lucro no FOSDEM deste ano, así que estea atento.
But until then we hope you will enjoy today’s release and join us in celebrating. Thanks go out to all our contributors, bug reporters as well as the awesome efforts of our translators and packagers.
Saúdos.
O equipo de desenvolvemento de Xfce.