Noticias
Subscribirse á fonte de RSSXfce 4.10 publicada
2012
Hoxe, despois de 1 ano e 4 meses de traballo, temos o pracer de anunciar a versión de escritorio do Xfce 4.10, unha nova versión estábel que substitúe ao Xfce 4.8.
No ciclo 4.10 centrámonos principalmente en pulir o escritorio e mellorar a experiencia do usuario de varias maneiras. Os máis destacado desta versión é:
- Un buscador de aplicacións novo que foi completamente reescrito e combina a funcionalidade do antigo «xfce4-appfinder« e «xfrun4».
- O panel agora ten un modo de visualización vertical alternativo (unha barra de escritorio). Ademais, os engadidos de panel poden ser organizados en varias filas, o que é particularmente útil no modo de barra de escritorio.
- Un novo editor de tipo MIME que permite mudar doadamente as aplicacións empregadas para abrir diferentes tipos de ficheiros. O diálogo de configuración do rato e da área táctil así como o editor de opcións estendéronse en función da funcionalidade. O primeiro agora admite tabletas dun xeito moito mellor.
- Agora pode iniciar aplicacións e abrir ficheiros no escritorio cun só clic do rato. Ademais, o escritorio 4.10 pode amosar miniaturas e avanzar automaticamente pola lista de fondos.
- O xestor de xanelas pode configurarse para axustar a mosaico as xanelas ao arrastralas aos bordos da pantalla. A xanela de lapelas (Alt Tab) admite maior flexibilidade en temas de navegación e navegación coas frechas do teclado.
Pode facer unha visita para ver os cambios do Xfce 4.10 aquí:
Na seguinte páxina pode atopar unha visión detallada dos cambios comparando a versión do Xfce 4.8 coa versión preliminar do Xfce 4.10:
https://xfce.org/download/changelogs
Esta versión pode descargarse como un conxunto de paquetes individuais ou como un único e grande ficheiro comprimido que inclúe todas estas versións individuais:
http://archive.xfce.org/xfce/4.10
Grazas a todos os contribuidores, aos informadores de fallos, así como aos tradutores e empaquetadores polos seus esforzos para facer posíbel esta versión.
Saúdos.
O equipo de desenvolvemento de Xfce.