Noticias
Subscribirse á fonte de RSSXfce 4.12 publicada
2015
O Xfce 4.12 é a mellor versión de todas (si, gústanos festexalo!).
Fonte: Comentarios da Internet.
Hoxe, despois de 2 anos e 10 meses de traballo, temos o pracer de anunciar a versión de escritorio do Xfce 4.12, unha nova versión estábel que substitúe o Xfce 4.10.
This long period can only be explained by how awesome Xfce 4.10 was. But as all things, it needed some refreshing - and for that we saw lots of new contributors providing valuable feedback, features and bugfixes. As always, Xfce follows its steady pace of evolution without revolution that seems to match our users’ needs.
Neste ciclo 4.12 centrámonos principalmente na limpeza da nosa experiencia de usuario no xestor de escritorio, xestor de xanelas e na actualización dalgúns compoñentes para aproveitar as novas tecnoloxías dispoñíbeis.
Os aspectos máis salientábeis desta versión son:
- O xestor de xanelas gañou un novo diálogo Alt + Tab personalizábel con vista previa de xanelas e un modo de lista opcionais. A compatibilidade inicial para a decoración do lado do cliente foi engadida, o método de axuste de xanelas foi mellorado fornecendo compatibilidade para o recheo de esquinas e engadiuse un novo modo de zum. Engadiuse tamén un tema HiDPI Xfwm.
- O panel agora pode ocultarse de forma intelixente, é compatíbel cos complementos de Gtk3 e moitos dos engadidos de terceiros foron actualizados para sacar o máximo proveito das características engadidas na versión 4.10.
- O escritorio ten un novo diálogo de opcións de fondo, permite configurarse por espazo de traballo e mellora o manexo para múltiples pantallas. Agora tamén engade a posibilidade de visualización de imaxes para o cartafol e emblemas nas iconas.
- O noso xestor de sesións foi actualizado para usar «logind» e «addower» se están dispoñíbeis para axudar a hibernar/suspender. Para a portabilidade e para respectar as opcións dos nosos usuarios, engadíronse modos de recuperación baseándose nos indicadores específicos do sistema operativo.
- A compatibilidade para o uso de múltiples pantallas foi mellorado nun novo diálogo de opcións de visualización e unha xanela configuración rápida que emerxe cando se conecta a pantalla.
- O diálogo de aparencia agora amosa vistas previas para iconas e temas.
- O «Xfsettingsd» agora admite «libinput».
- Non se esqueceu a xestión de enerxía: engadiuse un novo engadido de panel, engadiuse compatibilidade «logind»/«upower» para manexar os eventos de batería/tampa/brillo e foi engadido o bloqueo a través do «light-locker». O diálogo de opcións tamén se renovou e engadiuse a compatibilidade para o apagado da pantalla vía X11.
- O noso xestor de ficheiros, o amado Thunar, recibiu unha gran cantidade de melloras: compatibilidade con lapelas, toneladas de correccións de fallos, melloras na velocidade, atallos de teclado para accións personalizadas, mellor nomeamento de copias de ficheiros e ligazóns, barra de espazo libre nas propiedades, axustes para a renomear e outros diálogos, mellorouse a navegación por teclado, correccións para o panel de vista en árbore, mellorouse a compatibilidade con fondos de escritorio, compatibilidade de marcadores de Gtk3, propiedades de ficheiros múltiples… precisamos dicir máis?
- To prepare the future of Xfce with Gtk3, which no longer requires theme engines, we are stopping the development of our Gtk theme engine, and dropping our Gtk3 engine - theme makers, please update your themes to CSS if you want them to work on the next Xfce version.
- Debido a que «gstreamer1.0» deixou completamente de lado a interface de mesturado, e «xfce4-mixer» e «xfce4-volumed» dependen desta interface co «gstreamer0.10», a nosa aplicación de mesturas e servizo de volume non pode ser migrado a 1.0 e, polo tanto, xa non se manterá.
O Xfce non sería o que é agora sen todos os seus extras. Nesta área, tamén vimos unha grande actividade, entre a que destaca:
- O Xfburn gañou compatibilidade de gravación de disco BluRay.
- A interface se usuario do xestor de tarefas foi totalmente renovada e migrouse a Gtk3.
- A interface de usuario de Parole foi totalmente refeita, partes dela reescrita con moitas características engadidas. Ademais foi migrado a Gtk3 e «gstreamer1.0».
- Mousepad foi totalmente reescrito e ten unha migración inicial para Gtk3.
- Engadiuse compatibilidade con Imgur.com á captura de pantalla.
- Xa está dispoñíbel un novo panel de control tipo «GNOME-Shell» chamado «xfdashboard».
- Engadiuse un novo menú alternativo para o panel chamado whiskermenu.
- O engadido de monitorización do soporte físico de GNOME2 foi migrado ao noso panel.
- O engadido das predicións meteorolóxicas ten unha interface de usuario totalmente nova con opcións para personalizar poderosas e fornece toneladas de información detallada.
- O engadido de Ollos usa coordenadas 3D para calcular a súa posición nos ollos, para que unhas veces asusten, e outras sexan máis divertidos, mentres o espían.
- O engadido Netload funciona cos novos nomes da interface de «udev»net e pode configurarse para amosar taxas de transferencia no panel.
- O engadido do xestor de portapapeis amosa un código QR opcionalmente.
- O engadido Cpufreq agora é compatíbel co controlador pstate de intel e pode adaptarse mellor aos diferentes tamaños de panel e información amosada.
- Case todos os engadidos foron mellorados para dar a mesma aparencia e ser compatíbeis co novo modo do panel da barra de escritorio.
Pode facer unha visita para ver os cambios do Xfce 4.12 aquí:
Na seguinte páxina pode atopar unha visión detallada dos cambios comparando a versión do Xfce 4.10 coa versión do Xfce 4.12:
https://xfce.org/download/changelogs
Esta versión pode descargarse como un conxunto de paquetes individuais ou como un único e grande ficheiro comprimido que inclúe todas estas versións individuais:
http://archive.xfce.org/xfce/4.12
Un cálido agradecemento a todas as persoas colaboradoras, tradutoras e empaquetadoras polo seu esforzo en facer posible esta versión. Tamén queremos agradecer aos nosos fantásticos usuarios e colaboradores ocasionais que enviaron informes de erros, axudaron a atopar problemas e ás veces proporcionaron parches. Actualmente estamos revisando todos os parches que nos enviaron e incluiremos moitas máis correccións para Xfce na próxima versión. Tamén queremos agradecer a moita xente que doou cartos ao noso proxecto a través de Bounty Source. Isto axúdanos a xuntarnos a facer que o Xfce sexa aínda mellor no futuro!
Como sempre, damos a benvida a quen desexen contribuír ao desenvolvemento do Xfce! Pode probar Xfce e informar de fallos, pode axudarnos con traducións e documentación, con usabilidade e experiencia de usuario, empaquetando o Xfce na súa distribución e enviando parches ou funcións completamente novas. Pode poñerse en contacto connosco na canle IRC de Freenode#xfce-dev e a nosa lista de correo.
Saúdos.
O equipo de desenvolvemento de Xfce.