Xfce

Subdomains

 

Noticias

Subscribirse á fonte de RSS

Xfce 4.14 publicada

Hoxe, despois de 4 anos e 5 meses de traballo, temos o pracer de anunciar a versión de escritorio do Xfce 4.14, unha nova versión estábel que substitúe o Xfce 4.12.

Neste ciclo 4.14 o obxectivo principal era transportar todos os compoñentes principais a Gtk3 (desde Gtk2) e GDBus (desde D-Bus GLib). A maioría dos compoñentes tamén recibiron compatibilidade con GObject Introspection. Ao longo do camiño acabamos pulindo a nosa experiencia de usuario, introducindo bastantes funcións e melloras novas (lea máis abaixo) e arranxando unha chea de erros (lea o rexistro de cambios).

Os aspectos máis salientábeis desta versión son:

  • O xestor de xanelas recibiu unha serie de actualizacións e funcións, incluído a compatibilidade con VSync (usando Present ou OpenGL como infraestrutura) para reducir ou eliminar o escintileo da pantalla, compatibilidade HiDPI, compatibilidade GLX mellorado con controladores de código propietario/pechado NVIDIA, compatibilidade con XInput2, varias melloras do compositor e un novo tema predeterminado.
  • The panel got support for RandR’s primary monitor feature, improved window grouping in the tasklist plugin (better UX, visual group indicator etc), a per-panel “icon-size” setting, a new default clock format and clock format evaluator as well as an improved default panel layout.
  • The desktop now has support for RandR’s primary monitor feature, an orientation option for icon arrangement, a “Next Background” context menu option to advance the wallpaper and it now syncs the user’s wallpaper selection to AccountsService.
  • Creouse unha xanela de configuración completamente novo para xestionar os perfís de cor. Para a maioría dos usuarios, isto significa compatibilidade directa coa impresión xestionada en cor (a través de cupsd) e a dixitalización (a través de saned). Para os perfís de pantalla terá que instalar un servizo adicional como xiccd.
  • A xanela de visualización recibiu moita atención durante este ciclo e unha gran característica: os usuarios agora poden gardar e (automaticamente) restaurar configuracións completas de pantalla, o que resulta especialmente útil para aqueles que conectan o seu portátil con frecuencia a diferentes estacións de acoplamento ou configuracións. Ademais, empregouse moito tempo a facer a interface de usuario máis intuitiva e engadiuse unha opción agochada para admitir a escala de visualización RandR (configurada a través de Xfconf).
  • Engadimos unha opción para activar a escala de xanelas Gtk na xanela de aparencia e tamén nunha opción de fonte monoespazo. Non obstante, tivemos que retirar as vistas previas de temas xa que non produciron resultados consistentes con Gtk3.
  • Mentres decidimos eliminar as pantallas de presentación do xestor de sesión, no seu lugar engadimos moitas funcións e correccións. Entre elas están a compatibilidade de suspensión híbrida, melloras no inicio de sesión predeterminado evitando as condicións de competición, unha funcionalidade para engadir e modificar entradas de inicio automático, un botón de cambio de usuario na xanela de saída da sesión e un mellor selector de sesións e xanelas de configuración (este último cunha nova lapela que amosa sesións gardadas). Amais, agora pode executar ordes non só «estilo de inicio automático» no momento do inicio de sesión, senón tamén cando o computador se suspende, desconecta, etc. Finalmente, as aplicacións Gtk agora están xestionadas por sesión por medio de DBus e os protectores de pantalla tamén se comunican (por exemplo, inhibición) a través de DBus.
  • Como sempre, o Thunar, o noso xestor de ficheiros, recibiu moitas funcións e correccións. Entre os cambios visíbeis están a barra de ruta completamente reelaborada, compatibilidade con miniaturas máis grandes, así como a compatibilidade cun ficheiro “folder.jpg” que modifica a icona do cartafol (por exemplo, para portadas de álbums de música). Os usuarios avanzados tamén notarán a mellorada navegación por teclado (zoom, navegación por tabulacións). O xestor de volumes do Thunar engadiu compatibilidade con Bluray.
  • O noso servizo de miniaturas tumbler recibiu moitas correccións e engadiu compatibilidade co formato RAF de Fujifilm.
  • O buscador de aplicacións agora pode abrirse opcionalmente como unha única xanela e navegar máis doadamente só co teclado.
  • O xestor de enerxía recibiu moitas correccións de erros e algunhas funcións máis pequenas, incluído a compatibilidade para o botón XF86Battery e para o recentemente creado xfce4-screensaver. O engadido de panel tamén inclúe varias melloras: agora pode amosar opcionalmente o tempo e/ou a porcentaxe restantes e agora depende dos nomes de iconas estándar de UPower para traballar con máis temas de iconas de fábrica. Con LXDE pasando a unha base QT, eliminouse o engadido de panel LXDE.

Moitas aplicacións e engadidos que forman parte do ecosistema Xfce - a miúdo chamados «extras» - forman parte do que fai que Xfce sexa xenial. Moitos deles tamén viron cambios importantes ao longo da liña de tempo da versión 4.14. Para destacar algúns:

  • Our notification service has gained support for persistence - in other words: notification logging - and a “Do Not Disturb” mode, which suppresses all notifications. A new panel plugin was created that shows missed notifications (especially helpful during “Do Not Disturb” mode) and gives quick access to toggling “Do Not Disturb” mode. Finally support for showing notifications on RandR’s primary monitor was added.
  • O noso reprodutor multimedia Parole recibiu mellor compatibilidade para fluxos de rede e podcasts, así como un novo «modo mini» e a elección automática da mellor infraestrutura de vídeo dispoñíbel. Admais, tamén inhibe o protector de pantalla e os xestor de enerxía durante a reprodución de vídeo agora, asegurándose de que os usuarios non teñan que mover o rato periodicamente mentres gozan dun filme.
  • O noso visor de imaxes Ristretto viu varias melloras na interface de usuario e compatibilidade para configurar o fondo de escritorio. Recentemente tamén viu a súa primeira versión de desenvolvemento baseada en Gtk3.
  • A captura de pantalla agora permite aos usuarios mover o rectángulo de selección e ao mesmo tempo amosar a súa largura e altura. A xanela de carga de imgur renovouse e a liña de ordes permite máis flexibilidade.
  • O noso xestor do portapapeis agora mellorou a compatibilidade cos atallos de teclado (a través dun porto para GtkApplication), co tamaño da icona mellorado e máis consistente e cunha nova icona de aplicación.
  • O engadido de panel pulseaudio recibiu compatibilidade con MPRIS2 para poder controlar remotamente reprodutores multimedia e compatibilidade coas teclas multimedia para todo o escritorio, convertendo esencialmente a xfce4-volumed-pulse nun servizo adicional superfluo.
  • E finalmente o emulador de terminal obtivo unha gran cantidade de correccións de erros e melloras desde o Xfce 4.12.

Tamén hai un grupo de novos proxectos que pasaron a formar parte do noso proxecto. Diga ola a:

  • Por fin temos o noso propio protector de pantalla (si, dámonos conta de que é 2019;)). Con moitas funcións e unha forte integración Xfce (obviamente) é unha gran adición ao noso catálogo.
  • O engadido de panel de notificacións de estado fornece unha zona do sistema de nova xeración onde as aplicacións poden amosar indicadores. Substitúe o xfce4-indicator-plugin centrado en Ubuntu para a maioría dos indicadores de aplicacións.
  • A busca de ficheiros Catfish é como un vello amigo para a maioría dos usuarios de Xfce. Agora é oficialmente parte de Xfce!
  • Finalmente, o Perfís de panel, quen lle permite facer copias de seguranza e restaurar a disposición dos seus paneis, moveuse baixo o paraugas do Xfce.

As always it’s also time to say goodbye to some older unmaintained or deprecated projects. (Luckily our projects only go to the attic aka the archive on git.xfce.org when they die.) With a salty teardrop of sadness we bid farewell to:

  • garcon-vala, gtk-xfce-engine, pyxfce, thunar-actions-plugin, xfbib, xfc, xfce4-kbdleds-plugin, xfce4-mm, xfce4-taskbar-plugin, xfce4-windowlist-plugin, xfce4-wmdock-plugin e xfswitch-plugin

Pode facer unha visita para ver os cambios do Xfce 4.14 aquí:

https://xfce.org/about/tour

Na seguinte páxina pode atopar unha visión detallada dos cambios comparando a versión do Xfce 4.12 coa versión do Xfce 4.14:

https://xfce.org/download/changelogs

Esta versión pode descargarse como un conxunto de paquetes individuais ou como un único e grande ficheiro comprimido que inclúe todas estas versións individuais:

http://archive.xfce.org/xfce/4.14

Saúdos.
O equipo de desenvolvemento de Xfce.