Xfce

Subdomains

 

Noticias

Subscribirse á fonte de RSS

Xfce 4.16 publicada

Hoxe, despois de 1 ano e 4 meses de traballo, temos o pracer de anunciar a versión de escritorio do Xfce 4.16, unha nova versión estábel que substitúe ao Xfce 4.14.

4.16 foi un ciclo especial en moitos aspectos (non só pandémico, máis tamén). Unha das pedras angulares dos cambios non relacionados co código foi á nosa migración a GitLab, que supón un cambio no fluxo de traballo de desenvolvemento e un enorme paso adiante en canto a ser máis amigábeis e receptivos cos contribuidores. En partes, o enorme rexistro de cambios de Xfce 4.16 pode ser atribuído a novos colaboradores que propoñen solicitudes de combinación (288 solicitudes de combinación foron combinadas ou pechadas só nos compoñentes fundamentais!). Tamén creamos un contedor Docker de referencia (xfce / xfce-build) e engadimos canalizacións CI a todos os compoñentes para garantir que non rompemos a compilación. Nada disto non sería posíbel sen que Gandi e Fosshost patrocinasen o noso aloxamento.

Outra gran mudanza refírese á nosa identidade visual, que actualizamos dunha estraña mestura de iconas aleatorias (en parte baseadas en Tango) e que non seguen ningún esquema de nomeamento a un novo conxunto visualmente consistente (seguindo a especificación de nomes freedesktop.org e unha paleta de cores fixa ). Somos conscientes de que isto xerará algo de traballo para os mantedores de temas de iconas (se realmente queren anular as nosas fermosas iconas;)) pero cremos que o beneficio a longo prazo supera este esforzo puntual.

upstream-icons

E finalmente fixemos algunhas tarefas de limpeza (por exemplo, eliminando o código de compatíbel con Gtk2) e tamén engadimos funcións e melloras, todo isto manténdonos nun prazo de ciclo de publicación razoable.

So without further ado, here go the main highlights of this release:

  • O xestor de xanelas recibiu moreas de actualizacións e melloras de novo na área de composición e GLX. Se se configurou unha pantalla principal, o cadro de diálogo Alt-Tab só se amosará alí. Ademais, algunhas novas e útiles opcións para ampliar o cursor xunto co resto da pantalla, así como unha opción para manter as xanelas minimizadas na lista usada máis recentemente complementan esta versión.
  • We added a new plugin to the panel dubbed “statustray” which combines both StatusNotifier and legacy Systray items. An animated autohide transition now clearly shows the user “where the panel has gone” and a dark mode (enabled by default) makes the panel drop into the background a bit more with bright themes like the Gtk default Adwaita. Quite a few more smaller improvements were also introduced like accessing desktop actions from a Launcher´s right-click menu, the Window Buttons plugin now offering to Launch a new instance of an application and the Workspace Switcher now optionally showing automatic numbering for workspaces.
  • Engadiuse compatibilidade para a escala fraccionada á xanela da pantalla, xunto co realzado do modo preferido dunha pantalla cun asterisco e o engadido das relacións de aspecto a carón das resolucións. Volver ao modo de traballo anterior despois dunha mala configuración no deseño da pantalla tamén se fixo máis robusto.
  • A new tab in the “About Xfce” dialog shows basic system information like CPU or GPU type. Furthermore the layout and visuals of the dialog were improved.
  • O xestor de configuración mellorou as capacidades de busca e filtrado. Ademais, todos as xanelas de configuración agora usan decoracións de xanelas debuxadas por Gtk (decoracións do lado do cliente).
  • The “Mime Settings” and “Preferred Applications” dialogs were merged into the “Default Applications” dialog - making it easier for users to set which application handles which filetype or action from one place.
  • O noso xestor de ficheiros Thunar recibiu unha chea de correccións e bastantes funcións salientábeis, incluíndo unha pausa para operacións de copiar/mover, capacidade para a transferencia de ficheiros en cola, lembrar a configuración de visualización por cartafol e compatibilidade para a transparencia nos temas Gtk.
  • O noso servizo de miniaturas tumbler volveuse máis flexíbel ao poder excluír as rutas. Ademais engadiu compatibilidade co formato .epub (formato de libro electrónico).
  • O xestor de sesións fornece compatibilidade mellorada para o axente GPG 2.1 e a xanela de configuración mellorouse visualmente.
  • O xestor de enerxía recibiu moitas correccións de erros e algunhas funcións máis pequenas, entre elas unha limpeza da súa xanela de configuración, un indicador visual opcional para cando está activado o «Modo de presentación», iconas de estado da batería máis precisas e o descartado automático das notificacións de baixo consumo cando está conectado a un cargador.
  • O escritorio recibiu principalmente correccións de erros, pequenas melloras e o novo fondo de pantalla predeterminado.
  • A nosa biblioteca de menús garcon recibiu novas APIs e agora xa non inicia aplicacións como fillos do proceso que aloxa o menú. O comportamento anterior provocou o fallo das aplicacións xunto con, por exemplo, o panel.
  • The applicaton finder now allows for sorting applications by “frecency” - a combination of frequency and recency.
  • Dependency updates: Drop Gtk2, add LibGTop, bump Gtk >= 3.22, GLib and GDBus >= 2.50

Pode facer unha visita para ver os cambios do Xfce 4.16 aquí:

https://www.xfce.org/about/tour416

Na seguinte páxina pode atopar unha visión detallada dos cambios comparando a versión do Xfce 4.14 coa versión do Xfce 4.16:

https://www.xfce.org/download/changelogs/4.16

Esta versión pode descargarse como un conxunto de paquetes individuais ou como un único e grande ficheiro comprimido que inclúe todas estas versións individuais:

https://archive.xfce.org/xfce/4.16

Saúdos.
O equipo de desenvolvemento de Xfce.