Xfce

Subdomains

 

Noticias

Subscribirse á fonte de RSS

Xfce 4.20 publicada

Despois de case dous anos de traballo, estamos encantados de anunciar a publicación do Xfce 4.20!

Desde Xfce 4.18 houbo moitos desenvolvementos importantes. O noso equipo engadiu varias funcións novas, fixo unha gran cantidade de correccións de erros e fixo varias melloras menores. Finalmente, todo isto foi liberado para o seu pracer.

Xfce 4.20 screenshot

O principal foco durante este ciclo de desenvolvemento foi a preparación da base de código para estar lista para Wayland. De xeito que, mentres tanto, temos compatibilidade experimental de Wayland para a maioría dos compoñentes. Máis detalles nas ligazóns a continuación.

Supoñendo que instalou Xfce 4.18, aquí ten unha visión xeral dos principais cambios que verá nunha anovación ao Xfce 4.20:

https://www.xfce.org/about/tour420

Na seguinte páxina pode atopar unha visión detallada dos cambios comparando a versión do Xfce 4.18 coa versión do Xfce 4.20:

https://www.xfce.org/download/changelogs/4.20

Esta versión pode descargarse como un conxunto de paquetes individuais ou como un único e grande ficheiro comprimido que inclúe todas estas versións individuais:

https://archive.xfce.org/xfce/4.20

Saúdos.
O equipo de desenvolvemento de Xfce.