Visita ao Xfce 4.12
Esta visita presenta as novas características principais do Xfce 4.12. Só abrangue as melloras feitas na parte visual; para a lista completa de cambios, consulte os rexistros de cambios
Window Manager (xfwm4)
Diálogo de troco de xanelas
O diálogo de Alt + Tab do xestor de xanelas agora é totalmente personalizábel con temas e tamén gañou dous modos novos: un modo «Lista» e un modo «Vista previa de xanela». Ademais, os usuarios poden usar o seu rato para premer/seleccionar a xanela na que desexan poñer o foco.

O diálogo tradicional agora é completamente personalizábel con temas
O modo de lista do diálogo Alt-Tab.

Modo de lista de Alt-Tab, amosando todos os títulos de xanela
O modo vista previa de xanela amosa miniaturas do contido das xanelas xunto coa sua icona. A activación do compositor é un requisito previo para este modo.

Miniaturas das xanelas
Mosaico, zum, decoracións do lado do cliente
A compatibilidade cos decoradores do lado do cliente (CSD) foi mellorada. Agora encaixan correctamente a pantalla e os bordos do panel, e xeran o mosaico correctamente, mesmo con sombras.

Aplicacións de Gtk3 coas súas decoracións debuxadas polo cliente
O modo mosaico de xanelas mellorouse fornecendo compatibilidade para o mosaico de esquina, e engadiuse un novo modo de zum mediante Alt + Roda do rato.

Arrastre e solte unha xanela cara a esquina para facela mosaico.
Compatibilidade HiDPI
Para mellor compatibilidade coas pantallas modernas de alta resolución, engadíronse dous novos temas de Xfwm4 (hdpi, xhdpi).
Panel (xfce4-panel)
Agochar de xeito intelixente
O panel agora pode agocharse de xeito intelixente cando se arrastra unha xanela cerca del.

Oh, o que é esta xanela??

Non se achegue!

Agora non me ves!
Engadidos de Gtk3
Engadiuse a infraestrutura para poder cargar engadidos Gtk3 xunto a engadidos Gtk2.
Desktop Manager (xfdesktop)
O escritorio ten un novo diálogo de configuración de fondos con moitas opcións novas e unha mellor compatibilidade con múltiples pantallas. Arrastre a caixa de diálogo á pantalla ou espazo de traballo onde desexa cambiar o fondo.

Mellor compatibilidade para o uso de múltiples pantallas
Desmarque «Aplicar a todos os espazos de traballo» para estabelecer un fondo de pantalla diferente para cada espazo de traballo.
Settings (xfce4-settings)
Configuración de pantalla
A compatibilidade para o uso de múltiples pantallas foi mellorado moito no diálogo de configuración de visualización. Ao conectar unha nova pantalla, unha xanela emerxente rápida fornece algúns dos modos máis empregados para que os usuarios muden rapidamente a disposición.

Configure múltiples pantallas

Escolla a disposición ao conectar unha nova pantalla
Configuración da aparencia
O diálogo de aparencia agora amosa as vistas previas de estilos e iconas.

Vista previa do estilo Gtk
![]()
Vista previa do tema de iconas
Power Manager (xfce4-power-manager)
Engadido de panel
Creouse un novo engadido de panel que permite controlar rapidamente o brillo da pantalla, xa sexa mediante o menú ou simplemente usando a roda de desprazamento do rato sobre o engadido. O menú do engadido tamén amosa todos os outros dispositivos conectados cun estado de enerxía, por exemplo teclados bluetooth ou ratos sen fíos. Fornece un acceso rápido ao modo de presentación, o cal inhibe o protector de pantalla mentres a opción estea activa.

O menú do engadido permite aos usuarios controlar o brillo da pantalla e comprobar o tempo de funcionamento restante que fornece a batería.
Diálogo de configuración
O diálogo de configuración foi completamente reestruturado (separando os eventos do botón/tampa do sistema e o comportamento da pantalla) fornecendo un xeito forma máis claro de configurar as súas preferencias.

Configure a acción que se debe tomar cando se premen determinados botóns ou se pecha a tampa do portátil

Configure o que facer cando o usuario está inactivo ou a batería está en niveis baixos

Configure a xestión de enerxía da pantalla

Amosar a información en todos os dispositivos conectados
Cando o «light-locker» está dispoñíbel, pode controlar a súa configuración directamente a través do xestor de enerxía.

Configurar a integración do «light-locker»
File Manager (thunar)
Compatibilidade para lapelas
Engadiuse unha característica moi agardada: agora pode abrir varios cartafoles na mesma xanela de Thunar.

Explorar múltiples cartafoles
Thunar agora amosa o espazo libre restante cunha barra de propiedades no cartafol.

Barra de espazo libre
E pode seleccionar varios ficheiros para ver as súas propiedades ao mesmo tempo.

Propiedades de múltiples ficheiros
Extras
Houbo moitas melloras nos nosos extras e engadíronse novas e brillantes aplicacións por parte de novos colaboradores.
Alternative panel menu plugin (xfce4-whiskermenu)
O menú «whisker» é unha alternativa ao engadido tradicional do menú, que amosa os favoritos, permitindo buscar en aplicacións existentes e moito máis.

Explorar a través das categorías

Buscar unha aplicación
Task Manager (xfce4-taskmanager)
O xestor de tarefas obtivo unha interface de usuario renovada, un filtro e agora tamén é compatíbel con Gtk3.

Mostrar os procesos nunha árbore

Filtrar os procesos por nome
Media Player (parole)
A interface de usuario do Parole foi refeita totalmente en Gtk3. Agora admite varias infraestruturas de vídeo, fai un uso máis eficiente dos seus recursos e contén algúns engadidos novos.

Ver vídeos
Os controis multimedia agora están contidos nunha superposición de diapositivas (cun tempo de espera configurábel).

Escoitar música
Text Editor (mousepad)
O mousepad foi totalmente rescrito, recibiu un diálogo de configuración e agora admite con Gtk3.

Novas configuracións de mousepad
Unha nota sobre a migración do Xfce
Todas agás unha destas capturas de pantalla foron tomadas en máquinas que executan unha versión actual de OpenBSD, unha boa proba de que Xfce aínda é portátil e amigábel con todos os sistemas Unix.