Xfce

Subdomains

 

Visita ao Xfce 4.16

Esta visita presenta as novas características principais do Xfce 4.16. Só abrangue as melloras feitas na parte visual; para a lista completa de cambios (visíbeis para quen o usa), consulte os rexistros de cambios.

Identidade visual: novas iconas e paleta.

Para facer que o Xfce brille un pouco máis de fábrica e para fortalecer a súa identidade visual, creamos novas iconas para todas as nosas principais aplicacións e baseámolas nunha paleta compartida para garantir a consistencia. Tamén estabelecemos algunhas restricións de deseño (implícitas), seguindo vagamente os principios de Adwaita.

A paleta Xfce

A paleta Xfce

Novas iconas do Xfce, en moitos tamaños para unha aparencia nítida

Novas iconas do Xfce, en moitos tamaños para unha aparencia nítida

Settings Manager (xfce4-settings)

The Settings Manager itself received a visual refresh of its filter box, which can now be hidden permanently. At the same time the search capabilities of the filter box were improved by searching the descriptive ‘Comments’ part of each dialog’s launcher (aka .desktop) file.

Caixa de filtro visualmente máis limpa e máis potente

Caixa de filtro visualmente máis limpa e máis potente

Aplicacións predeterminadas

Esta nova xanela representa unha fusión entre as xanelas «Configuración Mime» dispoñíbeis anteriormente e a xanela «Aplicacións preferidas». A consolidación de ámbalas nun só lugar significa que os usuarios teñen máis doado definir aplicacións predeterminadas para manexar determinados tipos de ficheiros.

A nova xanela de Aplicacións predeterminadas

A nova xanela de Aplicacións predeterminadas

Xanela da pantalla

Para mellorar a compatibilidade coas pantallas de alta densidade, que teñen varios tamaños e densidades, engadimos unha escala fraccionada baseada na extensión RandR de X11. Ademais, o modo preferido dunha pantalla agora está marcado cun asterisco e as relacións de aspecto amósanse ao longo das resolucións de pantalla.

Admisión de escala fraccionada

Admisión de escala fraccionada

Atallos do teclado

Para facilitar as cousas aos nosos usuarios, engadimos máis atallos de teclado predeterminados de fábrica, como por exemplo, para o mosaico de xanelas ou para abrir o Thunar. A xanela de atallos de teclado tamén se actualizou visualmente.

A xanela de atallos de teclado actualizouse visualmente

A xanela de atallos de teclado actualizouse visualmente

File Manager (thunar)

Nas xanelas de copia e movemento de Thunar os usuarios agora poden interromper doadamente a respectiva operación de ficheiro. Amais, engadiuse a capacidade de transferir ficheiros en cola, lembrar as opcións de visualización por cartafol e transparencia nos temas Gtk.

Agora Thunar pode interromper a copia e movemento de ficheiros

Agora Thunar pode interromper a copia e movemento de ficheiros

Panel (xfce4-panel)

O panel recibiu bastantes actualizacións dignas de mención, unha animación para o agochado automático e o agochado intelixente, un novo engadido de “Zona de estado” que combina tanto a compatibilidade de elementos herdados da zona do sistema como elementos modernos do notificador de estado, compatibilidade co modo escuro, iniciadores que amosan accións adicionais ao facer clic co botón dereito, xanela con botóns que fornecen a opción de “Iniciar unha nova instancia …” e moito máis.

O  modo escuro activado na xanela de configuración do panel

O modo escuro activado na xanela de configuración do panel

O novo engadido de zona do sistema

O novo engadido de zona do sistema

Animación de agochado automático

Animación de agochado automático

Iniciar unha nova instancia!

Iniciar unha nova instancia!

About Dialog (xfce4-about)

Non só se refixo a lapela do Xfce para ser máis atractiva visualmente e doadamente analizábel, tamén se engadiu unha nova lapela que amosa información básica sobre o sistema do usuario.

Sobre o Xfce

Sobre o Xfce

Sobre o sistema

Sobre o sistema

Power Manager (xfce4-power-manager)

Limpouse a xanela de axustes do xestor de enerxía e amosa a configuración “con batería” ou “conectado” en contraposición ás dúas nunha enorme táboa.

Configuración do xestor de enerxía

Configuración do xestor de enerxía