Xfce

Subdomains

 

Visita ao Xfce 4.18

Este percorrido presentaralle as novas características principais de Xfce 4.18. Só cobre as melloras feitas na superficie (visible polo usuario).

Consulte o rexistro de cambios completo do Xfce 4.18 para obter unha lista detallada dos cambios.

Widget Library (libxfce4ui)

Diálogo de entrada de nome de ficheiro

Inserción de nome de ficheiro do Xfce é un control cómodo para a entrada de nomes de ficheiros, que se engadiu para evitar nomes de ficheiros non válidos nunha fase inicial e para dar retroalimentación sobre o problema concreto.

Inserción de nome de ficheiro do Xfce - espazos en branco ao final

Inserción de nome de ficheiro do Xfce - espazos en branco ao final

inserción de nome de ficheiro do Xfce - barra

inserción de nome de ficheiro do Xfce - barra

Editor de atallos xenérico

Este control é un editor de atallos que se introduciu co fin de ter unha interface gráfica para modificar atallos específicos de compoñentes. Actualmente, só se usa dentro de Thunar, Xfce4-terminal e Mousepad, aínda que poderían seguir outros compoñentes.

Editor e atallos do Xfce no Thunar

Editor e atallos do Xfce no Thunar

Thumbnail Service (tumbler)

Realizáronse algunhas melloras de rendemento para o xerador de miniaturas pixbuf e o programador. Agora tamén hai varias opcións de sobrescritura para o xerador de miniaturas do escritorio.

Agora admítense os tamaños de miniaturas extra-grande e extra-extra-grande, que son moi útiles para as pantallas de alta resolución.

O Tumbler e o Thunar agora admiten repositorios de miniaturas compartidos, como se describe na especificación de miniaturas de freedesktop.org. Esta función pode usarse para producir miniaturas dun cartafol con antelación, situado directamente preto das imaxes. Así, as miniaturas non precisan ser xeradas de novo para cada usuario individual.

Para obter máis información sobre as miniaturas compartidas, consulte a publicación do blog relacionada.

Panel (xfce4-panel)

Os engadidos «Data e hora» e «Reloxo» forneceron funcións superpostas. Co fin de evitar o desenvolvemento paralelo, fusionáronse nun único engadido.

O novo engadido de panel «Reloxo»

O novo engadido de panel «Reloxo»

O novo engadido Reloxo recibiu agora un novo modo de tempo binario e ofrece un monitor de sono. Velaquí unha captura de pantalla de todos os deseños posíbeis que son: analóxico, binario, dixital, difuso e LCD.

Todos os posíbeis modos do Reloxo

Todos os posíbeis modos do Reloxo

Desktop Manager (xfdesktop)

Do mesmo xeito que en Thunar, agora pode agocharse a entrada do menú “Eliminar” do menú contextual.

Para non reorganizar o escritorio por accidente ao premer «reorganizar as iconas do escritorio», agora pídese confirmación á persoa usuaria.

Settings Manager (xfce4-settings)

A caixa de busca do xestor de configuración simplificouse un pouco. Agora amósase sempre, sen control desprazábel nin botón.

Xestor de configuración - A caixa de busca agora amósase sempre

Xestor de configuración - A caixa de busca agora amósase sempre

Configuración de pantalla

A configuración da pantalla recibiu algunhas melloras menores e a posibilidade de decidir que facer cando se conectan novas pantallas.

Configuración da pantalla - melloras menores

Configuración da pantalla - melloras menores

Configuración da aparencia

Ao seleccionar un novo tema, agora hai a opción de estabelecer automaticamente un tema xfwm4 correspondente, se está dispoñíbel.

Configuración da aparencia - alternar para configurar o tema Xfwm4 coincidente

Configuración da aparencia - alternar para configurar o tema Xfwm4 coincidente

File Manager (thunar)

Vista de lista

Para os cartafoles, a contaxe de ficheiros que conteñen agora pode amosarse na columna de tamaño. Agora é posíbel engadir unha columna «data de creación do ficheiro» e o diálogo «Configurar columnas» pode abrirse facendo clic co botón dereito sobre calquera cabeceira de columna.

Thunar - Vista de lista - Preferencias

Thunar - Vista de lista - Preferencias

Thunar - Vista de lista - Contaxe de ficheiros e data de creación do ficheiro

Thunar - Vista de lista - Contaxe de ficheiros e data de creación do ficheiro

Vista previa da imaxe

Finalmente, engadiuse a Thunar un panel lateral de vista previa da imaxe. Non, espera, en realidade dous deles! Pode optar por utilizar o modo «incrustado», que non ocupará espazo extra, pero agochará partes do panel lateral esquerdo. Ou pode optar polo modo «independente», que utilizará un panel separado á dereita e amosará tamén información básica.

Thunar - Vista previa da imaxe incrustada

Thunar - Vista previa da imaxe incrustada

Thunar - Vista previa da imaxe independente

Thunar - Vista previa da imaxe independente

Desfacer e refacer

Agora é posíbel desfacer operacións básicas de ficheiros e refacelas. Desfacer e refacer poden usarse para as operacións de «mover», «renomear», «lixo», «ligar» e “crear”. De xeito predeterminado, gárdase un historial das últimas 10 operacións, aínda que a lonxitude do historial é configurábel. Sempre que se active un Desfacer/Refacer, amosarase unha notificación con uns poucos detalles.

Thunar - Desfacer e refacer

Thunar - Desfacer e refacer

Realzado de ficheiro

Os ficheiros agora poden realzarse configurando o fondo e o texto do nome do ficheiro en cores diferentes. Isto pode facerse a través dunha lapela adicional, situada no diálogo «Propiedades». O menú de visualización fornece unha caixa de verificación para activar/desactivar a funcionalidade. Unha vez activada, os ficheiros poden amosarse en todas as cores do arco da vella.

Thunar - Opcións de realzado de ficheiro

Thunar - Opcións de realzado de ficheiro

Thunar - Realzado de ficheiros na vista de lista

Thunar - Realzado de ficheiros na vista de lista

Thunar - Realzado de ficheiros na vista de iconas

Thunar - Realzado de ficheiros na vista de iconas

Para obter máis información sobre o realzado de ficheiros, consulte a publicación do blog relacionada.

Barra de ferramentas

Agora é posíbel personalizar a barra de ferramentas segundo as súas necesidades persoais. Engadiuse un diálogo adicional para ese fin, no que se pode xestionar a visibilidade e a posición de elementos específicos. Tamén poden usarse accións personalizadas, que aparecen para cartafoles, na barra de ferramentas.

Cando a barra de menú está agochada, amosarase un botón adicional na barra de ferramentas que se pode usar para ensinar o menú.

Thunar - Barra de ferramentas con todos os elementos configurábeis

Thunar - Barra de ferramentas con todos os elementos configurábeis

Thunar - Diálogo de configuración da barra de ferramentas

Thunar - Diálogo de configuración da barra de ferramentas

Thunar - Amosar o botón da barra de menú

Thunar - Amosar o botón da barra de menú

Para obter máis información sobre a barra de ferramentas configurábel, consulte a publicación do blog relacionada.

Vista dividida

Thunar now provides the option to use split panes. The pane separator can be moved, and its position will be stored. Via a xfconf setting, it is as well possible to have a vertical split.

Thunar - Paneis divididos

Thunar - Paneis divididos

Barra de estado

O estilo da barra de estado foi axustado e agora úsase a «|» para separar os elementos. Alem diso, agora é posíbel personalizalo empregando o menú contextual.

Thunar - Personalización da barra de estado

Thunar - Personalización da barra de estado

Busca recursiva

Thunar has now the possibility to search recursively, directly inside Thunar itself. The search is done in a separate thread and search results are added rapidly into a List View. A new row ‘Location’ shows where the search results are located, and the context menu provides the option ‘Open Item Location’ in order to travel there quickly. The preferences dialog provides an option to limit recursive search to local folders, or to disable it.

Thunar - Busca recursiva

Thunar - Busca recursiva

Thunar - Preferencias da busca recursiva

Thunar - Preferencias da busca recursiva

Para obter máis información sobre a función de busca recursiva, consulte a publicación do blog relacionada.

Ficheiros usados recentemente

Recently used files now can be accessed in the side pane. Like for the ‘Recursive Search’ feature, the new ‘Location’ row can be used in List View. Additionally, for ‘Recent’ a new row ‘Recency’ can be added to sort the files by their latest usage.

Thunar - Ficheiros usados recentemente

Thunar - Ficheiros usados recentemente

Para obter máis información sobre «Recente» no Thunar, consulte a publicación do blog relacionada.

Menú de marcadores

Para manter o menú “Ir” compacto, os marcadores movéronse a un novo menú separado, chamado «Marcadores». O elemento de menú «engadir marcador» estaba bastante agochado no menú «enviar a» no Thunar 4.18. Como parte do novo menú «Marcadores», agora está máis visíbel.

Thunar - Menú de marcadores

Thunar - Menú de marcadores

Cartafol da papeleira

Con esta nova versión, o cartafol da papeleira fornece unha barra de información que permite un acceso doado ás funcións «Baleirar a papeleira» e «Restaurar». Ao usar a Vista de lista, amosarase unha columna «Data de eliminación», para que os ficheiros se poidan ordenar por data de eliminación. A través do menú contextual, agora é posíbel seleccionar «Restaurar e amosar» para abrir automaticamente unha nova lapela no cartafol dos ficheiros restaurados.

Thunar - Barra de información da papeleira e columna coa data de eliminación

Thunar - Barra de información da papeleira e columna coa data de eliminación

Aplicacións predeterminadas

Mellorouse a xestión para estabelecer/retirar aplicacións predeterminadas para tipos MIME específicos. O menú contextual ten un elemento adicado «Estabelecer aplicación predeterminada» que abrirá o diálogo de «Aplicacións predeterminadas» con «usar de xeito predeterminado» preseleccionado. O diálogo agora ten unha sección «Aplicación predeterminada» coa finalidade de aclarar cal é a aplicación predeterminada definida actualmente. Se quere retirar aplicacións da lista, faga clic co botón dereito e seleccione «esquecer a asociación».

Thunar - Entrada do menú contextual para configurar a aplicación predeterminada

Thunar - Entrada do menú contextual para configurar a aplicación predeterminada

Thunar - Diálogo de selección de aplicacións renovado

Thunar - Diálogo de selección de aplicacións renovado

Accións personalizadas

Agora é posíbel organizar as accións personalizadas en submenús en cascada. Só ten que introducir o mesmo nome do submenú para unha acción personalizada para colocala no mesmo menú. Se precisa de varios niveis de menú, pode conseguilo usando «/» na ruta da entrada «Submenú».

Thunar - Submenú de acción personalizada

Thunar - Submenú de acción personalizada

Thunar - Diálogo de configuración de acción personalizada

Thunar - Diálogo de configuración de acción personalizada

Preferencias

As configuracións das miniaturas no diálogo de preferencias agrupouse e, mentres tanto, é posíbel limitar o tamaño do ficheiro para o que se deberían xerar as miniaturas. Isto debería mitigar posíbeis problemas de rendemento ao evitar a xeración de miniaturas para ficheiros de vídeo enormes.

Thunar - Preferencias de miniaturas

Thunar - Preferencias de miniaturas

Opcionalmente, as operacións de transferencia de ficheiros poden usar agora *.partial~ como ficheiro intermedio. Despois dunha operación de transferencia, agora existe a opción de verificar as sumas de comprobación do ficheiro para asegurarse de que ningún bit se corrompiu. Teña en conta que a función de suma de comprobación requirirá un tempo extra durante a copia cando estea activada.

Thunar - Preferencias de transferencia de ficheiros

Thunar - Preferencias de transferencia de ficheiros

Para obter máis información sobre as novas opcións de transferencia de ficheiros, consulte a publicación do blog relacionada.

Engadiuse unha caixa de verificación para permitir a execución de códigos do interprete de ordes. No Thunar 4.18 só era posíbel cambiar ese comportamento cambiando unha configuración oculta. Use esa opción con precaución!

Thunar - Preferencias de execución de código

Thunar - Preferencias de execución de código

Agora existe a posibilidade de restaurar as lapelas ao iniciar e amosar a ruta completa do cartafol no título da lapela.

Thunar - Preferencias de lapelas e xanelas

Thunar - Preferencias de lapelas e xanelas

Application Finder (xfce4-appfinder)

Configuración

O buscador de aplicacións obtivo compatibilidade para a propiedade «Prefirir GPU non predeterminada», que é útil para sistemas con tarxetas gráficas híbridas.

Agora analízanse as variables de contorno cando se pasan en modo contraído.

Aparencia

Engadiuse unha opción para agochar as decoracións das xanelas.

O buscador de aplicacións do Xfce sen as decoracións de xanela

O buscador de aplicacións do Xfce sen as decoracións de xanela

Window Manager (xfwm4)

Espazos de traballo

A configuración do espazo de traballo agora funcionará tamén con outros xestores de xanelas.

Compositor

O compositor agora admite vsync adaptativo con GLX.

Xeral

Escalado

Mellorouse a compatibilidade do escalado na interface de usuario/a e corrixíronse de moitas iconas borrosas nos compoñentes principais cando se usa o escalado. Isto será especialmente útil para pantallas Hi DPI.

Barras de cabeceira da xanela

Todas as barras de cabeceira de Xfce Xanelas/Diálogos de xeito predeterminado serán debuxadas polo xestor de xanelas agora (Xfwm4). Algúns diálogos admiten opcionalmente «Barra de encabezado GTK» (CSD) que se pode activar mediante unha configuración xfconf.

Configuración da aparencia do Xfce - Preferencias para activar a barra de encabezado GTK

Configuración da aparencia do Xfce - Preferencias para activar a barra de encabezado GTK