Xfce

Subdomains

 

Visita ao Xfce 4.20

Este percorrido presentaralle as novas características principais de Xfce 4.20. Só cobre as melloras feitas na superficie (visible polo usuario).

Consulte o rexistro de cambios completo do Xfce 4.20 para obter unha lista detallada dos cambios.

Xeral

Wayland

Nota importante: Teña en conta que a compatibilidade de Wayland no Xfce 4.20 é experimental. Só se recomenda para usuarios avanzados, pois pode atopar erros e experimentar unha funcionalidade incompleta. Proceda con precaución!

Grazas a Brian e Gaël, case todos os compoñentes de Xfce poden executarse en xanelas Wayland, mantendo a compatibilidade coas xanelas X11.

Este gran esforzo conseguiuse abstraendo calquera chamada específica de xanlas X11/Wayland e facendo uso dos protocolos Wayland/Wlroots. Durante ese proceso introduciuse unha nova biblioteca Xfce, «libxfce4windowing». XWayland non terá que executar ningún dos compoñentes de Xfce portados.

Polo de agora o Xfce non conta cun compositor que admita Wayland. Se quere executar Xfce en Wayland, Labwc e Wayfire daranlle os mellores resultados. Pode atopar aquí instrucións detalladas sobre isto. Teña en conta que o soporte de Wayland aínda é experimental.

Están en marcha plans para engadir compatibilidade con Wayland a Xfwm4 preservando a súa funcionalidade X11 existente. No entanto, dita reestruturación será un esforzo importante e aínda non podemos dicir cando/se se fará, así que lle rogamos que non agarde por isto.

Non se puideron migrar algúns compoñentes e varias funcións a Wayland, en parte porque aínda non hai protocolos de Wayland estandarizados dispoñíbeis para fornecer os servizos necesarios:

  • Falta a compatibilidade con espazo de traballo (acaba de fusionarse o protocolo de espazo de traballo externo).
  • Faltarán as iconas da zona do sistema para varias aplicacións (necesario para usar StatusNotifier en lugar de GtkStatusIcon)
  • Configuración do Xfce4: a configuración do teclado e do rato até o de agora son internas ao compositor de Wayland e, como tal, os diálogos de Xfce correspondentes aínda non estarán dispoñíbeis en Wayland.
  • O manexo do teclado relacionado coa enerxía (teclas de brillo, suspensión, etc.) é interno ao compositor Wayland e, como tal, aínda non pode ser compatíbel cos compoñentes do Xfce.
  • Wayland non especifica un protocolo nativo para facer capturas de pantalla. No entanto, a captura de pantalla do Xfce xa admite capturas de pantalla a través do protocolo «screencopy» de wlroots (pantalla enteira). As capturas de pantalla dunha selección de rectángulo ou da xanela activa aínda non son compatíbeis con Wayland.

Algúns outros compoñentes do Xfce non funcionan en absoluto en Wayland:

Pode atopar información máis detallada sobre o estado actual de Wayland na nosa folla de ruta de Wayland.

Escalado

Corrixiuse a escala das iconas e miniaturas de varios compoñentes. Engadíronse varias iconas que faltaban para escalas maiores. Calquera borrosidade ao usar compoñentes Xfce nunha pantalla HiDPI agora debería ter desaparecido.

exo

Rendemento da vista de iconas

Empregando diferentes tipos de contedores, o «Exo-Icon-View» agora pode xestionar 100.000 ficheiros e máis sen conxelarse.

Caixa de busca con suxestións

A caixa de busca con suxestións na vista da icona «exo» agora permanece sempre dentro do trebello da vista correspondente.

libxfce4ui

Editor de atallos

Os atallos agora poden usarse para varias accións se non entran en conflito con outros.

Xanela sobre o Xfce

O diálogo agora amosa o logotipo da distribución, información sobre o sistema de xanelas usado e a GPU utilizada.

libxfce4ui - diálogo «sobre»

libxfce4ui - diálogo «sobre»

libxfce4windowing

Esta biblioteca é nova para Xfce. Libxfce4windowing é unha biblioteca de abstracción que tenta presentar conceptos de xanelas (pantallas, xanelas de nivel superior, espazos de traballo, etc.) de forma independente do sistema de xanelas.

Actualmente, X11 é totalmente compatible con libwnck. Wayland é parcialmente compatible co uso de varios engadidos de protocolo Wayland. No entanto, a gama completa de operacións dispoñíbeis en X11 non está dispoñíbel en Wayland, debido a que faltan funcións nestes engadidos de protocolos.

thunar

Localizacións montadas e remotas

Os puntos de montaxe agora amosan un emblema e teñen unha descrición de tipo específica.

Agora son compatíbeis os URL remotos Ipv6.

Agora tamén é posíbel crear ligazóns simbólicas en lugares remotos.

Buscar

Non é preciso agardar até que remate unha busca para abrir o menú contextual dos resultados da busca.

Barra de ferramentas

Engadíronse un par de novos botóns da barra de ferramentas:

  • Selector de vistas: un botón despregábel para seleccionar unha vista.
  • Menú: este botón do tipo «hamburguesa» aparecerá automaticamente na barra de ferramentas, cando a barra de menú estea agochada. Se se preme, amosará unha barra de menú vertical.
  • Nova lapela: abre unha nova lapela usando o cartafol actual.
  • Nova xanela: abre unha nova xanela usando o cartafol actual.

thunar - novos botóns da barra de ferramentas

thunar - novos botóns da barra de ferramentas

thunar - botón do tipo «hamburguesa» na barra de ferramentas mellorado

thunar - botón do tipo «hamburguesa» na barra de ferramentas mellorado

Ao reducir a xanela Thunar, os elementos da barra de ferramentas moveranse agora a un menú de desbordamento. Grazas a elo, é posíbel facer as xanelas de thunar máis pequenas.

Ademais, solucionouse un erro que impedía o uso de accións personalizadas do submenú na barra de ferramentas.

Decoracións de xanelas

Agora hai unha opción para usar as decoracións do lado do cliente no Thunar (CSD).

thunar - co menú CSD

thunar - co menú CSD

thunar - sen o menú CSD

thunar - sen o menú CSD

Barra de estado

Engadiuse unha opción na barra de estado que amosa o número de ficheiros agochados.

Ficheiros usados recentemente

Agora só se engaden á lista de ficheiros usados ​​recentemente os ficheiros que se abriron correctamente.

Xa non se engadirán cartafoles á lista de ficheiros usados ​​recentemente.

Iconas simbólicas

Agora hai unha opción para usar iconas simbólicas no panel lateral e iconas de cores na barra de ferramentas.

thunar - iconas simbólicas

thunar - iconas simbólicas

thunar - iconas de cores

thunar - iconas de cores

Arrastrar e soltar

Mentres se arrastra ficheiros, agora os cartafoles ábrense automaticamente ao pasar o cursor.

Mentres se arrastran ficheiros, agora actualízase o foco do panel de vista dividida cando se pasa o rato.

Rendemento

No pasado, é posíbel que se enfrontase a unha situación que implicaba un gran número de ficheiros nos que thunar amosaba unha conxelación. Debido a varias medidas de rendemento diferentes, thunar agora é moito máis robusto para accións que impliquen un gran número de ficheiros.

Isto conseguiuse empregando tipos de contedores axeitados, movendo algunhas accións a traballos separados e limitando as actualizacións da visualización.

A number of integration test cases will be used in order to keep performance on the current level in the future.

Accións personalizadas

Os atallos para as accións personalizadas agora tamén funcionarán cando a acción personalizada estea situada nun submenú.

Transferencia de ficheiros

For file validation in thunar 4.18.x a md5 checksum was calculated for source and target file. This calculation turned out to be rather slow and actually superfluous. Now files are just compared directly. In addition, the usage of direct I/O operations now attempts to prevent comparison of possibly cached buffers.

Engadiuse unha opción para copiar só ficheiros en paralelo se os dispositivos correspondentes están en estado inactivo. Isto evita a posíbel fragmentación durante a copia das unidades HDD.

A transferencia de ficheiros xa non rouba o foco actual.

O diálogo de preguntas sobre a transferencia de ficheiros fornece agora as mesmas opcións con menos botóns. Ademais, agora as miniaturas dos ficheiros son solicitadas correctamente polo diálogo.

thunar - diálogo de transferencia de ficheiros

thunar - diálogo de transferencia de ficheiros

Iniciadores

De forma predeterminada, agora amósanse os nomes dos iniciadores no lugar de nomes de ficheiros para os iniciadores de confianza.

Desfacer/Refacer

Agora, a persoa usuaria será preguntada antes de que se faga calquera eliminación mediante unha operación de desfacer.

Vista de lista

Semellante ao panel lateral da vista en árbore, a vista principal agora tamén admite a expansión de cartafoles.

thunar - cartafoles expansíbeis

thunar - cartafoles expansíbeis

Vista dividida

Agora pode usar un atallo para alternar entre paneis de vista dividida, e o panel enfocado agora usa unha cor diferente.

thunar - vista dividida

thunar - vista dividida

Agora unha caixa de diálogo pedirá confirmación ao pechar un panel dividido con varias lapelas.

xfce4-appfinder

Agora tamén se pode navegar pola lista de aplicacións a través das teclas Ctrl+N / Ctrl+P (predeterminado VI).

Engadiuse unha opción para pechar automaticamente a xanela do buscador de aplicacións cando este perde o foco.

Ctrl+Intro pode usarse para executar ordes inmediatamente ao seleccionar entradas no menú despregábel.

Dentro da nova versión, as accións específicas da aplicación amósanse ao facer clic co botón dereito.

Engadiuse unha opción para amosar os nomes xenéricos dos iniciadores.

Agora o buscador de aplicacións pode iniciarse como un servizo, para así responder aínda máis axiña.

Engadiuse unha opción que permite iniciar elementos cun só clic.

xfce4-appfinder - configuración

xfce4-appfinder - configuración

xfce4-panel

Xeral

Agora pode configurarse a largura do bordo do panel.

Para instalacións manuais: agora o panel fai todo o posíbel para atopar complementos nos directorios base de XDG e conserva mellor a súa configuración cando non os atopa.

Reloxo

Reloxo LCD: engadiuse unha opción para visualizar os segmentos inactivos.

Analóxico: agora hai unha opción co modo 24 horas.

Dixital: agora poden amosarse os números da semana opcionalmente.

Amosar o escritorio

Agora existe a posibilidade de amosar o escritorio ao pasar o rato sobre a icona do panel «amosar o escritorio».

Lista de tarefas

A xestión do tamaño das iconas mellorouse en xeral, especialmente ao cambiar a libxfce4windowing.

Preferencias

Agora pode usarse a tecla «suprimir» para retirar obxectos de panel, poden ser retirados varios obxectos á vez.

Os obxectos de panel da lista de configuración agora terán as mesmas iconas que no propio panel.

xfce4-panel - lista de configuración do panel

xfce4-panel - lista de configuración do panel

xfce4-power-manager

Bloqueo da pantalla

Xa non hai unha lapela adicada á «seguranza». A xestión da pantalla de bloqueo simplificouse enormemente e abandonouse «Light Locker». O «lock-on-sleep» agora está sincronizado con xfce4-session e xfce4-screensaver.

Xfce4-screensaver só xestiona a configuración de bloqueo da pantalla para evitar conflitos. Engadiuse un botón para abrir xfce4-screensaver-preferences:

xfce4-power-manager - configuración

xfce4-power-manager - configuración

xfce4-screensaver - configuración

xfce4-screensaver - configuración

Configuración de enerxía

Engadiuse a funcionalidade para manexar diferentes perfís de enerxía a través de power-profiles-daemon.

O cálculo xeral do estado de carga foi incorrecto nalgúns casos e agora está corrixido.

Cando aparece o diálogo de potencia crítica, agora impídense as accións non intencionadas do usuario.

Agora hai compatibilidade para o modo de suspensión híbrido.

A lapela de detalles do dispositivo agora tamén amosa a taxa de enerxía.

Outros

Arranxáronse varios casos de uso para o peche da tapa.

Agora están dispoñíbeis as opcións para «apagar» e «non facer nada» cando se pecha a tapa.

Agora son compatíbeis os botóns para cambiar o brillo de forma exponencial e as teclas para alternar da retroiluminación do teclado.

xfce4-session

O diálogo de saír da sesión xa non proporcionará unha caixa de verificación para activar ou gardar a sesión.

It is now possible to start a Wayland session via startxfce4 --wayland.

Engadiuse unha compatibilidade mínima para xdg-desktop-portal ao rexistrarse para obter un fondo de pantalla, unha captura de pantalla e unha aplicación de fondo.

xfce4-settings

Configuración da aparencia

Os temas de iconas agora son cargados nun fío separado, para evitar unha posíbel conxelación.

Para os temas de iconas que se sabe que están incompletos, agora amosarase unha advertencia.

O uso das decoracións do lado do cliente agora é opcional, no canto de ser unha opción desmarcada de xeito predeterminado.

Agora identifícanse os temas escuros e son compatíbeis dun xeito máis fiable. (Relevante, por exemplo, para os temas Qogir e Orchis)

Configuración de pantalla

Engadiuse á lista de perfís o perfil de visualización predeterminado, o cal será empregado no caso de haber máis dunha coincidencia.

A xestión de perfís estendeuse a todos os perfís, non só aos que coinciden, e agora poden modificarse os seus nomes.

O escalado agora faise sempre para ambas dimensións e a vista previa amosa o tamaño resultante.

A xestión do modo en espello foi mellorada en xeral, e en particular eliminouse a necesidade de igualar as taxas de actualización.

Mellorouse o diálogo mínimo, en particular ao permitir que a pantalla se estenda á esquerda e de arriba a abaixo, e cunha visualización de perfil compacta.

xfce4-settings - pantalla mínima

xfce4-settings - pantalla mínima

Configuración do rato

Engadiuse unha caixa de verificación para alternar entre o perfil de aceleración do rato adaptativo e o perfil plano.

Agora pode activarse o desprazamento de alta resolución para os ratos que o admiten.

xfce4-settings - rato

xfce4-settings - rato

Configuración de mime

Agora é posíbel seleccionar/cambiar varios elementos á vez.

xfconf

Agora engádese unha unidade de usuario «systemd» correspondente ao servizo de sesión D-Bus.

Os espazos en branco agora escapan correctamente ao escribir unha canle «xfconf» no disco.

O «Xfconf-query» agora amosa o contido das matrices.

xfdesktop

Xestión do fondo de pantalla

Para o ciclo de fondos de pantalla aleatorios, os fondos de pantalla agora só se repiten despois de que se amosaran todos os demais.

Os fondos antigos de Xfce migráronse de .png a .svg para que se poidan usar en pantallas grandes.

Os degradados agora representaranse de forma correcta en canto a gamma.

Grade de iconas

Agora, o diálogo de confirmación para organizar as iconas do escritorio é opcional.

Agora poden configurarse cores personalizadas para as etiquetas e o fondo das iconas.

A grade de iconas de cada monitor agora é independente unha das outras.

Iconas de aplicacións minimizadas

As iconas das xanelas agora amósanse inicialmente no monitor onde estaba a xanela antes de ser minimizada.

O menú contextual (ao facer clic nun espazo baleiro) ten agora máis opcións útiles que antes.

Iconas de ficheiros

Agora hai unha opción para ordenar os cartafoles antes dos ficheiros.

As posicións das iconas gárdanse agora dun xeito que debería evitar que as iconas se movan de forma inesperada cando se engaden e eliminan pantallas.

Os ficheiros novos e os ficheiros soltos agora colocaranse preto da localización actual do cursor.

Agora poden amosarse de forma opcional as iconas de discos e unidades fixas.

Preferencias

A lapela «iconas do escritorio» foi totalmente reelaborada.

xfdesktop - configuración - iconas de escritorio

xfdesktop - configuración - iconas de escritorio

Agora poden configurarse todos os atallos de Xfdesktop mediante o trebello XfceShortcutsManagers.

xfdesktop - configuración - atallos de teclado

xfdesktop - configuración - atallos de teclado

Engadíronse máis cartafoles que conteñen imaxes de fondo como atallos no diálogo de configuración.

O diálogo de configuración actualizarase se se cambia o fondo desde fóra do diálogo.

Os cartafoles de imaxes de fondo de pantalla agora cárganse de forma totalmente asíncrona para evitar o atraso.

Menú contextual

As accións personalizadas en cascada tamén se amosarán correctamente no Xfdesktop

Agora é posíbel abrir varios cartafoles seleccionados á vez.

O menú contextual agora abre ao premer o botón en lugar de cando se solta, como esperarán a maioría dos usuarios.

O menú de lista de xanelas do botón do medio do rato ten un estilo novo e funcións engadidas.

xfwm4

Compatibilidade para variantes de temas estricábeis

Compositor: Block softpipe for GLX vsync

Focus: Include skip taskbar/pager when passing focus

Corrixe o fallo ao pulsar alt-tab (#762)

Used theme: "Greybird-dark". Used icon-theme: "elementary Xfce dark".