Xfce

Subdomains

 

Comunidade

Tanto se se trata de resolver un problema ou de contribuír de algunha maneira, a comunidade Xfce é un bo lugar para obter axuda ou compartir as súas ideas. Tamén pode querer consultar á comunidade das diferentes distribucións que fornece Xfce.

Listas de correo

Case todas as tarefas de desenvolvemento e coordinación teñen lugar nas listas de correo Xfce. En mail.xfce.org está dispoñíbel un resumo de todas as listas. Tamén hai unha lista específica do usuario onde pode facer preguntas e falar libremente sobre o escritorio.

NOTA: para poder publicar nestas listas, primeiro debe subscribirse.

Matrix

Se ten un problema que non pode resolver, é posíbel que queira probar a facer unha pregunta na nosa canle Matix #xfce. A canle ten varios usuarios activos. Recoméndase que consulte a documentación sobre o problema antes de facer a súa pregunta.

Foros

Para os usuarios que prefiren foros, o Foro Xfce é o lugar onde acudir. Os colaboradores activos poderán axudalo, lembre non empregalo para os informes de fallos.

Redes sociais

Pode seguirnos na conta oficial de Mastodon ou na conta de Twitter