Xfce

Subdomains

 

Participe

Dámoslle a benvida á comunidade do Xfce. Ao unirse ao noso equipo, formará parte dun esforzo internacional realizado por centos de persoas que traballan para fornecer unha sorprendente experiencia informática de soporte lóxico libre. Poderá coñecer novos amigos, aprender novas habilidades e marcar a diferenza con millóns de usuarios mentres traballa con persoas de todo o mundo. Hai moitas maneiras diferentes de formar parte disto, só ten que ler e escoller unha área que lle interese ou pareza desafiante.

As tarefas posíbeis inclúen probas, informes de fallos; escribir código, desenvolver ilustracións, documentación ou traducións; ou falar sobre o Xfce e axudar con promoción e publicidade tanto en liña como en feiras e conferencias.

Documentación

There’s lots of people using and testing Xfce. By providing useful and up-to-date documentation, you will make a big impact on helping people understand how to make the most of the Xfce Desktop Environment. Learn More →

Tradución

Are you fluent in multiple languages? By contributing your translations of text to the Xfce Desktop Environment, you will help Xfce be a better part of the global market and more accessible to the millions of potential users out there. Learn More →

Desenvolvemento

Ao facerse un desenvolvedor, pode marcar unha gran diferenza ao gozar dunha experiencia retadora e divertida. Aprenderá a ser un mellor programador, terá que crear novas características e depurar fallos incómodos, crear un produto sorprendente, á vez que colabora con persoas de todo o mundo. Pode comezar examinando o código fonte.

Promoción

Se ten unha bitácora ou un sitio web, pode axudar a difundir falando e animando aos novos usuarios a dar unha oportunidade ao Xfce. Se ten unha conta de Mastodom ou Twitter tamén pode axudar respondendo aos anuncios que realizamos para axudarnos a chegar un público máis amplo.

Informando de fallos e facendo probas

Unha das tarefas máis útiles que confiamos na comunidade é a realización de probas e os informes de fallos. Dado que o Xfce funciona en varias plataformas e en moitas configuracións diferentes, probar todos os cambios en todas as situacións posíbeis é unha tarefa imposíbel. Por iso, solicitamos aos usuarios que axuden a probar e informen sobre todos os fallos que poidan atopar, utilizando o noso rastrexador de fallos.

Unha vez que se atopou un fallo, debe rastrexar a causa e logo (obviamente) corrixir o fallo. Se quere involucrarse no proceso de desenvolvemento real do Xfce, unha boa forma de comezar é resolvendo fallos e enviar un ficheiro de parche.

OpenCollective

If you want to fund the project, you can use OpenCollective. Xfce has created two collectives, known as Xfce ($) and Xfce-Eu (€) respectively. Learn More →