Xfce

Subdomains

 

Proxectos

O proxecto Xfce contén varios proxectos separados para cada parte do escritorio. Algúns proxectos teñen as súas propias páxinas de proxecto para fornecer información adicional.

Compoñentes do núcleo

Xestor de xanelas

Xestiona a colocación das xanelas das aplicacións na pantalla, fornece decoracións de xanela e xestiona espazos de traballo ou escritorios virtuais. Saiba máis →

Panel

O panel é unha barra que permite ter en calquera momento iniciadores de programas, menús do panel, un reloxo, un intercambiador de escritorios e máis. Saiba máis →

Xestor do escritorio

Este programa estabelece a imaxe de fondo e fornece un menú de xanelas raíz, iconas de escritorio ou iconas minimizadas e unha lista de xanelas. Saiba máis →

Xestor de sesións

O xestor de sesións controla todos os aspectos do inicio e o apagado da sesión do usuario. Saiba máis →

Xestor de configuración

Permite configurar todos os detalles do contorno de escritorio. Saiba máis →

Xestor de ficheiros Thunar

O Thunar é un xestor de ficheiros deseñado desde o principio para ser rápido e doado de utilizar. Saiba máis →

Buscador de aplicacións

Permite buscar, iniciar e atopar información sobre as aplicacións instaladas no sistema. Saiba máis →

Xestor de enerxía

Xestione as fontes de enerxía do computador e dos dispositivos conectados. Saiba máis →

Bibliotecas de Xfce

Biblioteca de trebellos para o contorno de escritorio Xfce. Saiba máis →

Xfconf

Sistema sinxelo de almacemento de configuración de cliente-servidor e consultas Saiba máis →

Aplicacións

Terminal

Terminal é un emulador de terminal moderno que dispón de lapelas e fondos transparentes. Saiba máis →

Xfburn

O Xfburn é unha aplicación para crear e gravar CD e DVD.

Visor de imaxes

O Ristretto é un visor de imaxes lixeiro. Saiba máis →

Protector de pantalla

Un protector de pantalla e bloqueo simple. Saiba máis →

Captura de pantalla

Unha aplicación que fai capturas de pantalla. Saiba máis →

Editor de texto

Un editor de texto simple. Saiba máis →

Notificacións

Servizo de notificacións doadamente adaptábel con efectos de transparencia. Saiba máis →