Xfce

Subdomains

 

Noticias

Subscribirse á fonte de RSS

Xfce 4.8pre1 publicada

O equipo de desenvolvemento do Xfce está orgulloso de anunciar a primeira versión preliminar do Xfce 4.8. Xunto con esta versión preliminar, o proxecto Xfce anuncia a fixación dos recursos para a versión final do 4.8 que estará lista para o mundo o 16 de xaneiro de 2011.

Esta versión incorpora importantes modificacións no núcleo do contorno de escritorio do Xfce e, con sorte, consegue cumprir unha serie de solicitudes de hai xa tempo. Entre as actualizacións máis notábeis, foi a migración de todo o núcleo Xfce (Thunar, «xfdesktop» e «thunar-volman» en particular) de ThunarVFS a GIO, traendo os sistemas de ficheiros remotos ao escritorio Xfce. O panel foi reescrito de cero e fornece unha mellor xestión de iniciadores e unha compatibilidade multi-cabeza mellorado. A lista de novas funcionalidades do panel é demasiado longa para mencionar na súa totalidade aquí. Grazas á nova biblioteca de menús «garcon» (anteriormente coñecida como «libxfce4menu», pero reescrita unha vez máis) agora permite a edición de menús a través dun editor de menús de terceiros como Alacarte (aínda non temos o noso propio). As nosas bibliotecas do núcleo foron optimizadas un pouco, un bo exemplo é a biblioteca libxfce4ui introducida hai pouco a cal ten como obxectivo substituír a libxfcegui4.

Quizais o logro máis importante que realizaremos co Xfce 4.8 é que, a pesar de sufrir polo pequeno tamaño do equipo de desenvolvemento de cando en vez, o núcleo do contorno de escritorio foi axustado coas tecnoloxías de escritorio de hoxe como GIO, ConsoleKit, PolicyKit, udev e moitos máis. Tamén foron eliminadas do núcleo unha chea de cousas vellas, como aconteceu con HAL e ThunarVFS (que aínda está por razóns de compatibilidade).

Grazas á sorprendente plataforma de tradución Transifex, os nosos equipos de idiomas puideron actualizar as súas traducións a un ritmo incríbel. Inclúaos ao eloxiar esta versión!.