Xfce

Subdomains

 

Noticias

Subscribirse á fonte de RSS

Xfce 4.8pre2 publicada

Temos o pracer de anunciar a segunda versión preliminar do Xfce 4.8. Esta versión marca o inicio da fixación de cadeas. A partir de hoxe até a versión final, as cadeas non poden ser modificadas na rama principal dos compoñentes do núcleo do Xfce. Isto axudará aos tradutores a preparar as súas traducións para a versión final programada o 16 de xaneiro de 2011.

Para este versión centrámonos en corrixir fallos en todos os compoñentes do Xfce. Conseguimos pechar un gran número deles grazas a todas as persoas que os informaron e probaron rapidamente as correccións propostas.

Engadíronse algunhas funcións menores a pesar da fixación de características. Tamén conseguimos traballar en dúas solicitudes solicitadas hai tempo: permitir a edición do menú de aplicacións cos editores de menús (sendo Alacarte o que probamos) e a integración co visor de Compiz. Por suposto, esta versión tamén achega moitas traducións novas e melloradas grazas ao sorprendente traballo dos nosos equipos de tradución.