Noticias
Subscribirse á fonte de RSSXfce 4.8pre3 publicada
2011
Hoxe temos o pracer de anunciar a terceira e, con sorte, a versión previa á final do Xfce 4.8 que está prevista para o público o 16 de xaneiro de 2011. En comparación co Xfce 4.8pre2 esta versión inclúe principalmente actualizacións de tradución e corrección de fallos.
Co nadal e véspera de ano entre a 4.8pre2 e a 4.8pre3 non é de agardar que para a maioría dos compoñentes só se abordasen algunhas incidencias.
Entre outras cousas, actualizamos os atallos de teclado predeterminados para incluír a monitorización de teclas. A icona de estado da xanela de progreso do xestor de ficheiros agora está debidamente agochada cando a xanela é destruída. O engadido de fondo de escritorio agora é capaz de manipular nomes de ficheiros con espazos. As variábeis de contorno das ordes iniciadas desde a xanela de execución do Xfce non foron axustadas correctamente, polo que fixamos isto para que as ordes iniciadas desde a xanela sempre herden o contorno da sesión do Xfce.
We also made the --reboot and --halt parameters of xfce4-session-logout work again which previously simply logged out the active user. In order to avoid a race condition at session startup and in order to speed things up a little more we no longer use xrdb to update xft and cursor settings and instead, update the related XSETTINGS properties ourselves.
No xestor de xanelas xfwm4, axustamos o período de tempo necesario para un dobre clic co de aplicacións normais. A través da opción agochada /xeral/roda do rato pode agora desactivar a xanela que se enrola a través da roda do rato. O xestor de xanelas agora tamén manexa correctamente os cambios de resolución nas xanelas a pantalla completa como aquelas que aparecen nos xogos. O conmutador de aplicacións do Xfwm4 agora só aparece unha vez en modo copiar pantallas.
Isto pode soar como algunhas correccións útiles, pero non é nada en comparación coa cantidade de traballo que entrou no novo panel do Xfce unha vez máis. Aproximáronse foron solucionados máis de 20 fallos e regresións coñecidas. Aquí tes un pequeno fragmento do rexistro completo: os dominios de tradución foron fixados para engadidos externos, os engadidos poden ser reordenados de novo con DND, os elementos de dobre clic no editor de elementos amosan as súas preferencias, arrastrando elementos ao diálogo de edición de elementos elimínaos do panel de novo, a xanelas de tarefas agora poden ser filtradas por pantalla. Outra incidencia que apareceu recentemente e agora foi corrixida é o tamaño das iconas na zona de notificación, tamén coñecida como zona do sistema.
O Xfce 4.8pre3 tamén presenta moitas actualizacións de tradución, como se pode ver no rexistro completo.
Dado que estamos seguindo o modelo de versión do Xfce para 4.8, normalmente anunciaríamos a conxelación de código e a creación de ramas compatíbeis no ciclo de vida actual. Decidimos contra isto porque non hai moita xente activa para coidar de todo neste momento. Así que seguiremos resolvendo fallos en ramas mestras como fixemos entre 4.8pre2 e 4.8pre3.