Xfce

Subdomains

 

Noticias

Subscribirse á fonte de RSS

Xfce 4.10pre1 publicada

O equipo de desenvolvemento do Xfce está orgulloso de anunciar a primeira versión preliminar do Xfce 4.10. Xunto con esta versión provisoria, o proxecto Xfce anuncia a fixación de características para a versión final 4.10 que estará lista para o 28 de abril de 2012.

Esta versión incorpora importantes modificacións no núcleo do contorno de escritorio do Xfce e, con sorte, consegue cumprir unha serie de solicitudes solicitadas hai tempo. Entre as actualizacións máis destacadas está o buscador de aplicacións que combina a funcionalidade do vello «appfinder» e «xfrun4». O Panel tamén ten un novo modo vertical [aka Deskbar] para un mellor uso de espazo en pantallas panorámicas e un novo engadido de accións. No lado das opcións o asistente de configuración está integrado no «xfsettingsd», aforrando 1 proceso en execución. Tamén hai un diálogo de configuración remodelado con categorías e diálogos conectábeis activados de xeito predeterminado. A configuración básica de Synaptics e Wacom foi integrada na configuración do rato. Desenvolveuse un novo editor de tipos MIME. O Thunar recibiu un deseño máis pulido para reducir o uso do espazo e unha interacción máis sensíbel co xerador de miniaturas. Porque aínda non decidimos como combinar a funcionalidade de escritorio en Thunar, Xfdesktop recibiu varias melloras, incluíndo a posibilidade de unha soa pulsación para activar os elementos, miniaturas de iconas de escritorio e un mellor pegado de ficheiros. O xestor de sesións mellorou a xestión de enerxía, elimináronse suxestións e a limpeza de sesións desde a interface. Finalmente, o xestor de xanelas xa admite o mosaico de xanelas e a navegación por teclas de frecha no selector de tarefas.

Outro gran cambio para os usuarios é a eliminación da documentación do usuario dos paquetes e a introdución de docs.xfce.org. O motivo deste cambio é a contribución limitada da documentación desde o Xfce 4.8, polo que esperamos que a wiki atraia máis colaboradores. Os botóns de axuda na interface aínda funcionan, pero solicitaralle que abra o sitio web da documentación no seu navegador web.

Ademais retiramos o xfce-utils. O seu contido eliminouse ou mudouse a outros paquetes do Xfce. Todos os outros cambios de dependencia están listados no rexistro de cambios da 4.10pre1. O núcleo do Xfce tamén obtivo un par de novos compoñentes porque pensamos que son críticos para un escritorio mínimo: xfce4-power-manager (xestor de enerxía), tumbler (xerador de miniaturas para Thunar e outros compoñentes), garcon (biblioteca de menú, xa tiña dependencia na 4.8), thunar-volman (xestor de volumes para Thunar).

Por suposto, as traducións tamén melloraron moito, grazas ao sorprendente traballo dos nosos equipos de tradución.

Agardamos que goce desta versión. Envíenos comentarios engadindo os seus pensamentos, publicando na bitácora, chiando ou achegando informes de fallos. Coa súa axuda, a 4.10 será a mellor versión (polo menos até a 4.12)!

Saúdos e grazas a todos os que contribuíron a esta versión.
O equipo de desenvolvemento do Xfce.