Noticias
Subscribirse á fonte de RSSXfce 4.10pre2 publicada
2012
O equipo de desenvolvemento do Xfce está orgulloso de anunciar a segunda versión preliminar do Xfce 4.10. Xunto coa publicación da versión preliminar, o proxecto Xfce anuncia o fixado das cadeas a traducir e o código (só se farán correccións de fallos críticos ou as regresións) para o lanzamento final da 4.10 que será publicada para o mundo o 28 de abril de 2012.
Esta versión incorpora algunhas características novas como a capacidade de resposta mellorada das operacións de ficheiros no Thunar e melloras do mosaico no Xfwm4. Todo o resto son correccións de fallos e un bo feixe de actualizacións de traducións.
Agardamos que goce desta versión. Envíenos comentarios engadindo os seus pensamentos, publicando na bitácora, chiando ou achegando informes de fallos. Coa súa axuda, a 4.10 será a mellor versión (polo menos até a 4.12).
Saúdos e grazas a todos os que contribuíron a esta versión.
O equipo de desenvolvemento do Xfce.