Noticias
Subscribirse á fonte de RSSXfce 4.20 publicada
2024
Despois de case dous anos de traballo, estamos encantados de anunciar a publicación do Xfce 4.20!
Desde Xfce 4.18 houbo moitos desenvolvementos importantes. O noso equipo engadiu varias funcións novas, fixo unha gran cantidade de correccións de erros e fixo varias melloras menores. Finalmente, todo isto foi liberado para o seu pracer.
O principal foco durante este ciclo de desenvolvemento foi a preparación da base de código para estar lista para Wayland. De xeito que, mentres tanto, temos compatibilidade experimental de Wayland para a maioría dos compoñentes. Máis detalles nas ligazóns a continuación.
Supoñendo que instalou Xfce 4.18, aquí ten unha visión xeral dos principais cambios que verá nunha anovación ao Xfce 4.20:
https://www.xfce.org/about/tour420
Na seguinte páxina pode atopar unha visión detallada dos cambios comparando a versión do Xfce 4.18 coa versión do Xfce 4.20:
https://www.xfce.org/download/changelogs/4.20
Esta versión pode descargarse como un conxunto de paquetes individuais ou como un único e grande ficheiro comprimido que inclúe todas estas versións individuais:
https://archive.xfce.org/xfce/4.20
Saúdos.
O equipo de desenvolvemento de Xfce.
Xfce 4.18 liberado
2022
Despois de case dous anos de traballo, temos o pracer de anunciar a publicación do Xfce 4.18. Saiba máis →
Xfce 4.16 publicada
2020
Hoxe, despois de 1 ano e 4 meses de traballo, temos o pracer de anunciar a versión de escritorio do Xfce 4.16, unha nova versión estábel que substitúe ao Xfce 4.14. Saiba máis →
Xfce 4.14 publicada
2019
Hoxe, despois de 4 anos e 5 meses de traballo, temos o pracer de anunciar a versión de escritorio do Xfce 4.14, unha nova versión estábel que substitúe o Xfce 4.12. Saiba máis →
Xfce 4.12 publicada
2015
O Xfce 4.12 é a mellor versión de todas (si, gústanos festexalo!). Saiba máis →
Xfce 4.10 publicada
2012
Hoxe, despois de 1 ano e 4 meses de traballo, temos o pracer de anunciar a versión de escritorio do Xfce 4.10, unha nova versión estábel que substitúe ao Xfce 4.8. Saiba máis →
Xfce 4.10pre2 publicada
2012
O equipo de desenvolvemento do Xfce está orgulloso de anunciar a segunda versión preliminar do Xfce 4.10. Xunto coa publicación da versión preliminar, o proxecto Xfce anuncia o fixado das cadeas a traducir e o código (só se farán correccións de fallos críticos ou as regresións) para o lanzamento final da 4.10 que será publicada para o mundo o 28 de abril de 2012. Saiba máis →
Xfce 4.10pre1 publicada
2012
O equipo de desenvolvemento do Xfce está orgulloso de anunciar a primeira versión preliminar do Xfce 4.10. Xunto con esta versión provisoria, o proxecto Xfce anuncia a fixación de características para a versión final 4.10 que estará lista para o 28 de abril de 2012. Saiba máis →
Xfce 4.8 publicada
2011
Hoxe, despois de case dous anos de traballo, temos o pracer especial de anunciar a tan esperada versión do Xfce 4.8, a nova versión estábel que substitúe o Xfce 4.6. Saiba máis →
Xfce 4.8pre3 publicada
2011
Hoxe temos o pracer de anunciar a terceira e, con sorte, a versión previa á final do Xfce 4.8 que está prevista para o público o 16 de xaneiro de 2011. En comparación co Xfce 4.8pre2 esta versión inclúe principalmente actualizacións de tradución e corrección de fallos. Saiba máis →
Xfce 4.8pre2 publicada
2010
Temos o pracer de anunciar a segunda versión preliminar do Xfce 4.8. Esta versión marca o inicio da fixación de cadeas. A partir de hoxe até a versión final, as cadeas non poden ser modificadas na rama principal dos compoñentes do núcleo do Xfce. Isto axudará aos tradutores a preparar as súas traducións para a versión final programada o 16 de xaneiro de 2011. Saiba máis →
Xfce 4.8pre1 publicada
2010
O equipo de desenvolvemento do Xfce está orgulloso de anunciar a primeira versión preliminar do Xfce 4.8. Xunto con esta versión preliminar, o proxecto Xfce anuncia a fixación dos recursos para a versión final do 4.8 que estará lista para o mundo o 16 de xaneiro de 2011. Saiba máis →
Xfce 4.6.2 publicada
2010
The second bugfix-release of xfce 4.6 has been released. This release features a lot of updated translations and fixes some bugs or regressions with new GTK+ versions. Saiba máis →
Xfce 4.6.1 publicada
2009
Publicouse a primeira versión de corrección de fallos do xfce 4.6. Saiba máis →
Xfce 4.6.0 publicada
2009
Despois de máis de dous anos de desenvolvemento, a versión do Xfce 4.6.0 acaba de ser publicada. Saiba máis →